CRTVG

Buscar

PSA espera bater a súa marca de produción en 2020 fabricando 550.000 vehículos

Publicado o 11/12/2019 15:11

Se as vendas do novo todo camiño Peugeot 2008 van como prevé PSA, isto é, 21.000 unidades en 2020, a fábrica funcionará ao máximo da súa capacidade o ano que vén con catro quendas de traballo. A ese ritmo, a factoría de Balaídos baterá a súa marca histórica de produción, con máis de 550.000 coches. Isto significaría superar nunhas 3.000 unidades a cifra histórica acadada en 2017, de 547.000 vehículos.

Así o anunciou o director da factoría viguesa Ignacio Bueno. Estas boas cifras serán posibles grazas en parte á chegada ás instalacións da segunda xeración do Peugeot 2008, que tamén terá unha vertente 100 por cento eléctrica, que se comezará a producir no mes de febreiro. Actualmente hai dous equipos de traballo para este modelo, e incorporarase unha terceira quenda de noite en xaneiro. Por outra banda o venres PSA en Vigo comezará a fabricación en serie do Toyota Proace City. Dende xaneiro a factoría traballará a pleno rendemento.

A planta xa deu entrada a 600 novos empregados e a principios de ano a previsión é ampliar o cadro de persoal en 600 traballadores máis. Se as vendas do novo todo camiño Peugeot 2008 van como prevé PSA, isto é, 21.000 unidades en 2020, a fábrica funcionará ao máximo da súa capacidade o ano que vén con catro quendas de traballo. A ese ritmo, a factoría de Balaídos baterá a súa marca histórica de produción, con máis de 550.000 coches.




 

Noticias web

11/12/2019