CRTVG

Buscar

PSA en Vigo e os sindicatos comezan a negociación do novo convenio

Publicado o 10/01/2020 15:07

Comeza a negociación dun dos convenios de máis transcendencia para a economía galega, o da factoría de PSA en Vigo.

As dúas partes manifestaron a súa disposición a falar de todo, pero os sindicatos xa anunciaron que van pelexar por recuperar os salarios e os dereitos perdidos nos axustes realizados durante a crise.

Pola súa banda, a empresa defenderá a contención de custos para manter a competitividade do centro e faciltar a chegada de novos proxectos.

Noticias web

10/01/2020