CRTVG

Buscar

PSA analiza as consecuencias do investimento anunciado por Francia para a fabricación de vehículos eléctricos

Publicado o 27/05/2020 16:22

A estratexia de Macron pasa por que Renault e PSA manteñan en Francia  a totalidade da produción dos vehículos eléctricos. A medida  pode danar a España, onde os dous grupos teñen distintos centros industriais. En Vigo preocupa a proposta e xunto ao sector en Galicia piden apoio público para competir en igualdade. 

Tamén reclaman máis investimento para dar servizo ao coche eléctrico e salientan a falta de electrolineiras.

Na actualidade PSA fabrica a versión eléctrica do Peugeot 2008 e de distintos modelos de furgonetas. O futuro da factoría depende de novas adxudicacións dos coñecidos como vehículos limpos.

Noticias web

27/05/2020