CRTVG

Buscar

Aplican un proxecto pioneiro no comezo da vendima en Terras Gauda, no Rosal

Publicado o 08/09/2020 15:32

Pouco ten que ver este solo da parcela onde comezan a vendima en Terras Gauda, no Rosal, co solo da adega de Mendoza, na Arxentina, que tamén participa no proxecto.

Un proxecto de tres anos que comeza neste 2020 cando cambiou tamén a maneira de vendimar.

Medidas de seguridade estritas para unha vendima que comezou unha semana antes do habitual e que se prevé excelente. Tan perfecto foi o tempo para a uva este ano, que ata as chuvias de agosto lle foron favorables.

Desta volta a natureza axudou e agardan procesar 1.700.000 quilos de uva.

Noticias web

08/09/2020