CRTVG

Buscar

Protestan en Verín contra o expediente contra un xinecólogo que defendera a permanencia do paridoiro

Publicado o 30/11/2020 15:34

Verín viviu hoxe unha xornada de protesta convocada pola plataforma pola Defensa da Sanidade Pública de Monterrei.

A convocatoria tiña como obxecto mostrar o apoio ao xinecólogo Xabier Castrillo, que ten aberto un expediente disciplinario logo da denuncia feita por unha compañeira pediatra.

Os convocantes cren que se trata dunha vinganza política polo apoio dese médico á permanencia do paridoiro en Verín. Así o pensa tamén o secretario xeral dos socialistas.

Noticias web

30/11/2020