Protesta na Coruña polo peche do centro de operacións de Naturgy
Publicado o 23/02/2021 15:14
Concentración na Coruña perante as instalacións de Naturgy. Os traballadores protestan polo peche do centro de operacións que ten o grupo enerxético na cidade.
Din que obrigará ao traslado a Madrid dunha trintena de empregados que, se non aceptan, serán despedidos. Naturgy alega que os cambios son froito dunha reorganización interna.