Os feirantes bótanse á estrada: piden reabrir os seus negocios
Os feirantes volveron concentrarse esta mañáo en Santiago de Compostela para expoñer a súa situación. Inican un percorrido desde Santiago ata Vigo para denunciar a situación que están a vivir.
Loli Balsa é a voceira do colectivo dos empresarios de atraccións de feira e destacou que levan sen traballar dende o mes de marzo. Afirmou que non poden instalar as súas atraccións desde o 4 de novembro.
Na concentración, os feirantes galegos estiveron acompañados por outros compañeiros que chegaron desde outras comunidades autónomas.
Din que foi un verán complicado e que as autoridades están a traballar nun protocolo para que lles permitan traballar.
Din que ademais de que a súa actividade se realiza en espazos abertos adaptaron todas as atraccións e negocios para poder traballar con seguridade. Hoxe percorrerán varios concellos de Galicia reivindicando unha solución para poder instalar os seus negocios.