CRTVG

Buscar

Jusapol protesta con ataúdes no Congreso polo pésame de Sánchez a un etarra

Publicado o 16/09/2020 15:02

Coincidindo coa sesión plenaria, axentes da Policía Nacional e da Garda Civil concentráronse ás portas do Congreso. Din sentirse abandonados polo Goberno e escenificaron o seu malestar situándose de costas ao Congreso. Alí reclamaron un protocolo antisuicidios para as forzas e corpos de seguridade do Estado e recibiron o apoio do PP, Vox e Ciudadanos. As críticas máis duras, para o pésame de Pedro Sánchez polo suicidio do preso da ETA Igor González.

O voceiro de Jupol, Pablo Pérez, aseguraba que "as forzas e corpos de seguridade se senten indignadas ante esas declaracións porque están lamentando a morte dunha persoa que arrebatou vidas aos nosos compañeiros e a civís, pertencendo a un dos comandos máis sanguentos da ETA, como é o Donosti. Hai certas liñas que non se poden traspasar".

 

Noticias web

16/09/2020