CRTVG

Buscar

Protección Civil de Vilagarcía elabora e difunde un vídeo contra a condución baixo os efectos do alcol ou as drogas

Publicado o 16/12/2019 14:10

Alcol e drogas son inimigos dunha condución segura. É unha obviedade, e mesmo así os datos amosan que nunha alta porcentaxe dos accidentes de tráfico, seguen estando presentes o alcol e as drogas, sobre todo nesta recta final do ano. Así que calquera chamada de atención ao respecto non está de máis. E iso foi o que pensaron os profesionais de Protección Civil de Vilagarcía, cando decidiron elaborar e difundir este vídeo nas redes sociais. 

Puxéronse mans á obra e facendo un deles de actor protagonista quixeron amosar, sen sutilezas, cales poden ser as consecuencias de poñerse ao volante baixo os efectos de substancias ilegais ou o alcol. O impulsor do vídeo, o voluntario Alén Pérez, insiste en que moitas veces cremos que non afecta á nosa capacidade de reacción, e pola súa experiencia saben ben que si inflúe, e moito. 

Así que a mensaxe, como o vídeo, tamén é clara: Como pasar estas festas está nas túas mans... Ao volante, cero alcol e cero drogas.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/12/2019