CRTVG

Buscar

Propietarios deseperados acoden a ampresas para que lles liberen as vivendas con okupas

Publicado o 01/06/2020 14:56

Estas imaxes mostran como quedou o interior dunha das últimas vivendas que conseguiu desaloxar unha empresa dedicada á desocupación. Os seus clientes son pripietarios desesperados ante inquilinos que deixan de pagar o alugueiro, familias que se meten a vivir ou mesmo mafias que piden diñeiro a cambio de abandonar as casas. O primeiro que hai que facer nestes casos é denunciar, pero moitos afectados optan tamén por empresas de desocupación para axilizar o proceso.

"Nós actuamos sempre con empresas de vixilancia e seguridade e coa autorización do Ministerio do Interior. A maneira en que actuamos é totalmente legal e moito máis rápido e o método que usamos funciona e estamos acurtando moito os prazos xudiciais", sinala Jaime Sanz, propietario dunha empresa de desocupación.

Sinalan que cada vez son máis os que requiren os seus servizos e que nos últimos tempos subiu moito a ocupación ilegal de segundas vivendas.

"Aquí en Madrid están subindo moito as ocupacións ilegais na zona da serra, en Málaga na zona das praias e en Galicia por Baiona e A Coruña", sinala Jaime Sanz, propietario dunha empresa de desocupación.

No último ano rexistráronse en Galicia uns 400 delitos de ocupación, aínda que nesta categoría se inclúen tamén os delitos por lindes de fincas e propiedades.
 

Noticias web

01/06/2020