CRTVG

Buscar

As persoas que non convivan non poderán reunirse en toda a cidade de Ourense

Publicado o 02/10/2020 13:55

Á vista dos datos dos últimos días na cidade de Ourense, o comité proponlle á Consellería a adopción da medida de limitar as reunións de persoas non conviventes no concello de Ourense.

"En todo o concello de Ourense non pode haber reunións de persoas que non sexan conviventes", anunciou o conselleiro de Sanidade. Nas zonas de nivel 2 e 3 poden funcionar en servizo, pero limitados a que "só poden estar persoas conviventes".

Máis concellos con restricións

As restricións vixentes en varios concellos galegos (os últimos en sumarse, lembramos, foron Sanxenxo, Meis e O Barco de Valdeorras), esténdense a outros municipios. Cambados súmase a outros da zona, como Sanxenxo, Vilagarcía, Vilanova e Meis.

Verín mantén restricións e Ortigueira tamén adopta as limitacións impostas por Sanidade.

Manteñen as zonas en nivel 3, as máis restritivas: barrios do Couto e contorna, mais mantén en nivel 2 todo o que estaba en Ourense.