CRTVG

Buscar

O profesorado e as ANPA piden que se aclare como será a volta ao cole

Publicado o 14/05/2020 15:00

Así están as aulas dende hai case dous meses. Se Galicia pasa de fase o próximo día 25, poderían incorporarse os alumnos de infantil e fin de ciclo. Mestres e pais consideran que non vale a pena asumir riscos. Pensan que só deberían volver os que teñan que preparar as probas de acceso á universidade.

O Goberno xa adiantou que o curso que vén será diferente.

A comunidade educativa pide que se aclare canto antes cal vai ser a fórmula elixida e advirte de que a brecha dixital pode xerar desigualdades.

As comunidades reuníronse hoxe co Goberno para concretar a fórmula. Dende a Xunta pídenlle ao Ministerio que evite máis improvisacións no ámbito educativo.

Noticias web

14/05/2020