CRTVG

Buscar

Produtores de viño ecolóxico no Ribeiro buscan na exportación novos mercados

Publicado o 02/09/2020 21:35

Cunha produción dunha 12.000 botellas de brancos e tintos en ecolóxico esta pequena adega do Ribeiro, situada en Castrelo de Miño explora agora novos mercados no estranxeiro.

Dori e Jorge viñeron de Lugo ao Ribeiro para facer realidade o seu soño de elaborar o seu propio viño. E apostan polo ecolóxico, con menos produción, con menos fitosanitarios, pero máis respectuosa co medio.

Ademais dos viños brancos e tintos elaborados con castes autóctonas como a treixadura, o godello, a loureira, o caíño ou o brancellao. Comezaron a facer o seu primeiro vermú.

Apostan tamén polo enoturismo con visitas guiadas e obradoiros para dar a coñecer o seu xeito de traballar. A produción de viños ecolóxicos en Galicia é aínda escasa, pero vai medrando, e en Ourense cultívanse 41 das 69 hectáreas de viñedos ecolóxicos.
 

Noticias web

02/09/2020