CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza para o home que, presuntamente, agrediu a muller en Infesta

Publicado o 29/03/2019 22:35

Prisión provisional comunicada sen fianza e unha orde de afastamento de 500 metros da vítima para o home detido por presuntamente agredir a súa muller cunha arma branca. O detido, un veciño do concello de Paderne, chegaba pasadas as 11 da mañá ao xulgado de Betanzos tras pasar a noite no cuartel de Lonzas da Coruña.

O presunto agresor residía na actualidade no segundo piso desta casa de Infesta, en que na noite do mércores se produciu a agresión no transcurso dunha discusión. Foi a propia muller a que baixou xunto aos veciños para pedir axuda para que chamaran unha ambulancia, xa que estaba ferida, segundo confirmaron varios veciños, fóra de cámara por temor a represalias por parte do detido. Aseguran que se trata dunha parella conflitiva e que os altercados e as discusións eran continuas.

A vítima foi trasladada ao Complexo Hospitalario da Coruña onde se recupera das lesións. Recibiu unha coitelada que segundo apuntan fontes da investigación lle rozou o corazón, malia que o seu estado non reviste gravidade.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

29/03/2019