CRTVG

Buscar

Prisión sen fianza para os tres acusados de violar unha moza en Cambrils

Publicado o 09/07/2019 22:03

Prisión provisional sen fianza para os tres homes acusados de violar presuntamente unha moza en Cambrils. Os tres detidos, que teñen entre 20 e 26 anos, aseguraron que se tratou de relacións consentidas pero o xuíz deu credibilidade ao relato da vítima. Ademais atendeu a petición da Fiscalía e da acusación particular de que existía risco de fuga. Os feitos sucederon o 24 de xuño cando a vítima foi ao apartamento dun deles e, unha vez alí, apareceron outros dous amigos que, supostamente, participaron na agresión sexual.

Noticias web

09/07/2019