CRTVG

Buscar

Prisión provisional para o acusado de envelenar a súa moza en Vicálvaro

Publicado o 06/12/2019 20:02
Prisión provisional para o acusado de envelenar a súa moza en Vicálvaro

Prisión provisional para o mozo de Alexia, a camareira que apareceu morta o sábado en Vicálvaro, en Madrid. O que inicialmente parecía unha morte por intoxicación, investígase agora como o último caso de violencia machista, pendente dos resultados das probas de toxicoloxía. Sospeitan que o mozo a envelenou. De se confirmar, Alexia sería a vítima número 55 da violencia de xénero no que vai de ano. Nin ela, nin os seus coñecidos, presentaran denuncia, malia que sospeitaban que sofría malos tratos.






 

Noticias web

06/12/2019