CRTVG

Buscar

Prisión para os pais do bebé de Lleida

Publicado o 23/08/2019 16:16

En prisión están tamén os pais do bebé de só 20 días que permanece ingresado en estado crítico no hospital Vall D'Hebrón de Barcelona.
A xuíza de Lleida tomoulles declaración hoxe e decretou para eles prisión provisional, comunicada e sen fianza por un delito de lesións graves. O pai xa ten antecedentes por malos tratos e un xuízo pendente noutro xulgado de Lleida. A Generalitat asumiu a tutela do cativo.