CRTVG

Buscar

Prisión para dous dos detidos por secuestrar e violar unha muller en Bilbao

Publicado o 24/09/2019 17:44
Prisión para dous dos detidos por secuestrar e violar unha muller en Bilbao

O titular do Xulgado de Instrución número 6 de Bilbao ordenou este martes o ingreso en prisión de dous dos investigados pola agresión sexual a unha muller nunha vivenda do barrio bilbaíno de Atxuri, e deixou en liberdade con cargos a un terceiro investigado. O xuíz ditou tamén para estes dous acusados, de nacionalidade xeorxiana, ordes de afastamento e de prohibición de comunicarse coa vítima, do mesmo xeito que para o investigado que quedou en liberdade, de orixe alxerina, que deberá comparecer a diario no xulgado, segundo informaron a Efe fontes xudiciais.