CRTVG

Buscar

Prisión para a parella detida por degolar a nai dela en Valencia

Publicado o 23/08/2020 16:07

Prisión provisional e sen fianza para a parella detida por degolar a nai dela na localidade de L'Alcúdia, en Valencia.

Os mozos, de 19 e 18 anos, quedan como investigados nunha causa aberta por un delito de asasinato. O corpo da vítima, de 45 anos, foi atopado na bañeira do seu domicilio con feridas de arma branca. Levaba morta varios meses e foi un veciño quen alertou as forzas de seguridade, estrañado pola ausencia da vítima e o forte cheiro que saía do domicilio.

Noticias web

23/08/2020