CRTVG

Buscar

Prisión para a ex-presa da ETA Itxaso Zaldua polo asasinato de Giménez Abad

Publicado o 22/07/2020 19:13
Prisión para a ex-presa da ETA Itxaso Zaldua polo asasinato de Giménez Abad

Prisión provisional para a ex-presa da ETA Miren Itxaso Zaldúa pola súa suposta participación no asasinato do presidente do PP de Aragón, Manuel Giménez Abad.

O xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz ordenou o seu procesamento e ingreso no cárcere. Considera que existen indicios da súa colaboración neste asasinato terrorista ocorrido en Zaragoza no 2001, segundo corroboran o recoñecemento fotográfico e a declaración dunha testemuña protexida.

Itxaso Zaldúa, que levaba tres anos en liberdade, foi detida este martes en Hernani.

Noticias web

22/07/2020