CRTVG

Buscar

Primeiro pleno no Hórreo: a oposición pide investigar a covid-19 nas residencias

Publicado o 22/09/2020 10:06

No Parlamento de Galicia, hoxe, primeiro pleno ordinario desta nova lexislatura. Comparece o vicepresidente Rueda, pero os grupos da oposición tamén van pedir que se cree unha comisión de investigación sobre a covid-19 nas residencias de maiores.

O grupo autor desta iniciativa é o BNG, que é quen rexistrou a solicitude de crear unha comisión de investigación sobre a covid-19 nas residencias de anciáns. O grupo socialista xa anunciou que vai votar a favor no pleno. O grupo popular, dixo o seu voceiro, Pedro Puy, que non é moi favorable a este tipo de comisións de investigación porque, segundo el, olla cara ao pasado e embarra o terreo de xogo político; son máis partidarios de crear comisións de estudo, que son máis positivas e ollan cara ao futuro. Comisións como a creada a semana pasada polos tres grupos para a reactivación económica, social e cultural de Galicia.

Neste pleno non vai comparecer o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, por estar en corentena na casa por ter contacto cunha persoa que deu positivo por coronavirus. As dúas preguntas que hoxe tiña a oposición para el quedan aprazadas para o próximo pleno.

 

Noticias web

22/09/2020