CRTVG

Buscar

Primeiro domingo de rebaixas cos centros comerciais abertos

Publicado o 05/07/2020 15:03

É unha imaxe tradicional, e este ano tampouco faltan. Comezaron as rebaixas de verán, pero hai que vir preparados. 

Comentan os clientes que hai que ir con máscara, xel e mantendo as distancias. 

Normas extraordinarias que hai que cumprir sen excepción.

Algunhas persoas estiman que son medidas incómodas, pero moi necesarias. 

É o primeiro domingo de rebaixas e nos centros comerciais as tendas presentan tentadores descontos. Son o principal reclamo para todos aqueles que acoden ata aquí buscando facerse con prendas a bo prezo.

Unha moza explica que ao ser domingo hai menos xente comprando. Outra muller di que vén buscando algo preciso e un terceiro confesa que os descontos animan as vendas.

Outros prefiren mirar antes de decidirse

Domingo de compras, animado por descontos que poden chegar ao setenta por cento.

Noticias web

05/07/2020