CRTVG

Buscar

Primeiro día de rexistros para turistas e residentes que cheguen a Galicia

Publicado o 29/07/2020 15:50

Hoxe é o primeiro día de rexistros para os viaxeiros que chegan a Galicia dende as zonas máis afectadas pola pandemia.

A maioría dos que chegan din que foi a través dos medios de comunicación como souberon desta medida.

Este é un rexistro que é obrigatorio tanto para os turistas como para aqueles galegos que volvan á casa, dende as zonas máis afectadas pola pandemia. Son cinco comunidades autonómas: Cataluña, Aragón, Navarra, A Rioxa e o País Vasco. E tamén máis dun cento de países.

Tamén as empresas que movan aos seus traballadores teñen que comunicalo. Non facelo pode supoñer multas de ata 600.000 euros.

Os viaxeiros que cheguen á comunidade dispoñen dun prazo de 24 horas para chamar por teléfono ou rexistrarse na web do Sergas.

Noticias web

29/07/2020