CRTVG

Buscar

Primeiro día de novas restricións en Cambados

Publicado o 03/10/2020 14:35

Cambados é o quinto concello do Salnés que debe someterse a restricións nos movementos pola evolución da pandemia. Unha situación que non colleu a ninguén por sorpresa. 

As novas limitacións afectan de xeito especial as grandes celebracións, os lugares de culto e os locais de hostalería, onde a ocupación permitida é máis restrinxida e queda prohibido o consumo en barra.

Os cambadeses xa conviven coas novas limitacións. Están preocupados pola situación e son conscientes que só a responsabilidade colectiva pode frear os contaxios.

Os outros catro concellos que xa conviven coas restricións na comarca do Salnés son Meis, Vilagarcía de Arousa, Vilanova e Sanxenxo, que afronta a súa primeira fin de semana con estas medidas.

Noticias web

03/10/2020