CRTVG

Buscar

Primeiro contacto coa neve no que vai de outono

Publicado o 17/11/2019 14:54

Precaución sobre todo coas estradas esvaradías, como as da zona de montaña. A neve segue atraendo visitantes. Os cumios nevados nos Ancares son un plan para este domingo.

A tregua meteorolóxica durou menos do previsto e nas zonas altas seguen as complicacións durante a fin de semana. Os que peor o pasaron foron tres sendeiristas que onte á noite foron rescatados no Courel despois de case catro horas de busca.

A acumulación de neve dificultou o acceso ata o lugar no que estaba este grupo de persoas. Foi a única incidencia destacable das últimas horas. Unha fin de semana que moitos aproveitaron para subir ata lugares coma o Cebreiro para manter o primeiro contacto coa neve no que vai de outono.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/11/2019