CRTVG

Buscar

Primeira fin de semana con actividade na factoría viguesa de PSA Peugeot Citroën

Publicado o 13/06/2020 21:42

Primeira fin de semana con actividade na factoría viguesa de PSA Peugeot Citroén despois de tres meses de parada.

Este sábado reincorporáronse uns seiscentos traballadores da cuarta quenda, polo que xa está activo o 80 por cento do cadro de persoal, aproximadamente uns 6.000 operarios. Aínda así, o ritmo de produción, uns 2.000 vehículos diarios, é mais baixo e incrementáronse as pausas de traballo como medida preventiva.

A fabricación e a prolongación dos ERTE vai depender da capacidade de recuperación dos mercados. A reactivación da actividade arrastra tamén a industria de compoñentes.

 

Noticias web

13/06/2020