CRTVG

Buscar

Os peixes e mariscos para a Noiteboa póñense polas nubes

Publicado o 24/12/2019 08:49

Peixe e marisco para todos os gustos e para todos os petos. As prazas galegas viven unha das xornadas de máis traballo do ano coas vendas marcadas desta volta polos sucesivos temporais no mar. Os mariscos que mais escasean son o camarón e o percebe. Hai pouca cantidade e, por iso, o prezo dispárase.

Hai nécora, entre 45 e 60 euros, centola entre 25 e 50 e cigala de 85 a 100 euros. Son os mariscos máis demandados. Pero tamén hai alternativas.

Entre os peixes escasea o ollomol e o peixe sapo supera os 30 euros. A pescada sobe dos 20 euros e o linguado pasa a 25.

E senón agardar a que na Noitevella o tempo permita pechar unha campaña máis axustada aos petos dos consumidores.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/12/2019