CRTVG

Buscar

Prevén que medren as vendas de xoguetes para Nadal

Publicado o 20/11/2019 20:53

Cando falta máis dun mes para Nadal, xa atopamos xente buscando que xoguetes agasallar. Novembro, decembro e xaneiro son, con diferenza, os meses en que as xogueterías máis venden, un 60 por cento da facturación total.

A Asociación Española de Fabricantes de Xoguetes prevé que esta campaña de Nadal medren as vendas un catro por cento máis ca o ano pasado, que non foran moi boas.

O gasto en xoguetes é de 190 euros de media, uns dez xoguetes por neno e ano, depende dos fogares. Vanse incrementar tamén, segundo as contas dos fabricantes de xoguetes, as vendas online ata o 20 por cento, algo que dende o pequeno comercio agardan que non os prexudique.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/11/2019