CRTVG

Buscar

Prevén máis empregos de Nadal malia a desaceleración

Publicado o 15/10/2019 15:09

O escaparate do Nadal promete seducirnos xa dende o outono, aínda que se estea a falar de desaceleración.

"Pese á incerteza política e económica que estamos a vivir nestes momentos, para a campaña do Nadal espérase un incremento das contratacións", sinala Alejandro Muñoz dende Adecco.

Estas primeiras previsións dunha empresa de traballo temporal auguran que desas case 50.000 contratacións en Galicia moitas irán para perfís de atención ao cliente e de loxística, coma carretilleiros ou mozos de almacén.

O maior ou menor éxito do escaparate do Black Friday porá a proba o optimismo destes datos xa en novembro. Aí comezarán as contratacións que, calculan, mesmo poden estenderse máis aló do Nadal nun caso de cada seis.

"Haberá un incremento de camareiros, persoal de cociña, etcétera, que pode empatar co inicio da campaña do verán e alongar eses contratos", prognostican dende a ETT.

A provincia de Pontevedra concentrará máis, pero será na da Coruña onde máis crecerán estas contratacións de temporada.

Noticias web

15/10/2019