CRTVG

Buscar

Veciños e 'okupas', en pé de guerra en Oleiros

Publicado o 03/07/2020 15:32

En Perillo, no concello de Oleiros, os veciños dunha casa ocupada ilegalmente mantéñense en pé de guerra. Volveron concentrarse diante do inmoble ocupado, unha casa de tres vivendas.

Durante a protesta, os veciños foron increpados polas persoas que ocupan ilegalmente o edificio. Segundo os seus propietarios, o inmoble está en avanzado estado de deterioración e non reúne as condicións para ser habitado.

Amais din que está pendente dunha operación de venda. Os veciños anuncian que a partir de agora seguirán mobilizándose todos os luns e martes para que as persoas instaladas na vivenda, entre as que tamén hai varios menores, abandonen a propiedade.

 

 

 

 

 

 

 

Noticias web

03/07/2020