CRTVG

Buscar

Preséntase 'Auga seca', a nova serie de ficción da TVG

Publicado o 03/06/2019 18:01

Hoxe presentouse en Vigo a nova produción de Televisión de Galicia, a serie de ficción Auga seca, un trepidante thriller de seis capítulos ambientado en Vigo e Lisboa.

Unha historia cargada de xiros e sorpresas que conta a historia de Teresa, unha muller que se infiltra nunha organización criminal para vingar a morte do seu irmán. Auga seca ten como protagonistas os actores galegos Monti Castiñeiras, Sergio Pazos e a actriz portuguesa Victoria Guerra. A serie, que conta co apoio da Agadic e do Europa Media Fund e está producida por Portocabo, será distribuída internacionalmente por unha produtora británica. A mesma xa foi vendida a países como Finlandia, Holanda e o canal americano, AMC. Chegará as nosas pantallas a finais de 2019.


 

Noticias web

03/06/2019