CRTVG

Buscar

Presentan un protocolo para mellorar a calidade de vida dos enfermos de esclerose múltiple

Publicado o 17/12/2019 21:02

Case cinco mil persoas padecen esclerose múltiple en Galicia, unha prevalencia desta enfermidade moi alta en comparación co resto de España. Por ese motivo, presentouse na Consellería de Sanidade o proceso asistencial integrado para a abordaxe da esclerose Múltiple en Galicia. Trátase dun protocolo multidisciplinar en que participan tamén a Consellería de Política Social e os profesionais sanitiarios.

O conselleiro Vázquez Almuíña dixo que é un protocolo pioneiro en España encamiñado a mellorar a calidade de vida dos pacientes de esclerose múltiple, unha enfermidade que afecta sobre todo as mulleres.

Xesús Vázquez Almuíña, conselleiro de Sanidade: "Por iso, para nós é fundamental, como digo, facer un diagnóstico precoz e poñer todo, tanto os tratamentos, como a rehabilitación, como os farmacolóxicos, como darlle o soporte social, xa que ás veces o que necesitan é que sexa de forma rápida".

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

17/12/2019