CRTVG

Buscar

Presentan máis de 1.500 sinaturas contra a "impunidade" do caso Carioca

Publicado o 01/07/2019 15:19
Presentan máis de 1.500 sinaturas contra a "impunidade" do caso Carioca

A plataforma contra a impunidade do caso Carioca reuniu máis de 1.500 sinaturas para solicitar á Xunta de Galicia e ao Concello de Lugo que se presenten como acusación popular na macrocausa sobre prostitución e corrupción. Esta mañá presentaban as sinaturas no rexistro. A plataforma reclama que as administracións se impliquen para garantir que se faga xustiza coas vítimas e que os proxenetas non queden sen castigo.
 

Noticias web

01/07/2019