Eloy Jiménez aínda agarda por máis reforzos no Lugo o día en que se presentou a Carlos Castro
Publicado o 18/07/2019 16:52
Imos co Lugo, que o sábado se vai enforntar ao Celta en Portonovo. Eloy Jiménez aínda agarda por 5 ou 6 reforzos, pero polo de agora está satisfeito coas novas incorporacións.
Pois o Lugo reforza o seu ataque coa chegada deste home, o asturiano Carlos Castro. Habilidade e moita experiencia. Acumula 120 partidos con só 24 anos. Castro chega ao Lugo cedido polo Mallorca. Despuntou con 19 anos no Sporting. O ano pasado xogou cedido no Elxe. Agora chega ao Lugo para demostrar a súa valía.