CRTVG

Buscar

Preocupados polo aspecto averdado e leitoso das Pozas de Melón

Publicado o 14/06/2020 21:53

Este aspecto averdado da auga do río Cerves, afluente do Miño, preocupa a algúns veciños do concello ourensán de Melón. Estas que vemos son as Pozas da Estrela. O misma cara presenta o río Cerves algo máis arriba, no lugar de Tourón. O seu aspecto suxo está impedindo que os bañistas as usen agora que a desescalada cara a normalidade avanza. Hai máis dun ano que, de cando en vez, a auga aparece leitosa en lugar de ter a cor esmeralda que atrae aos turistas.

Cóntanos os veciños que contactaron con nós que eles xa avisaron hai tempo ás autoridades locais, ao SEPRONA e á Confederación Hidrográfica do Miño por se se trataba dun verquido incontrolado. Sempre segundo a súa versión o motivo puidera estar nunha canteira de pedra da zona.
Todos agardan a resolver a incógnita e poder bañarse e disfrutar das pozas de Melón, como cada verán.

 

Noticias web

14/06/2020