CRTVG

Buscar

Preocupación na Consellería do Mar pola anunciada modificación da Lei de costas

Publicado o 20/02/2020 21:00

A conselleira do Mar comparte a preocupación do sector mexilloeiro pola anunciada modificación da Lei de costas. Rosa Quintana cre que unhas cen empresas poden verse afectadas, en distintos graos, por esa modificación e apoia a creación da mesa de negociación que solicita o sector. 

"É imprescindible que o Ministerio de Transición Ecolóxica se sente coa Xunta e co sector para entender os problemas que ten unha comunidade como Galicia, e poder defender tanto o medioambiente como a actividade económica das nosas empresas", asegura Rosa Quintana.

Noticias web

20/02/2020