CRTVG

Buscar

"Por ser españois tamén os miran mal"

Publicado o 19/03/2020 09:44

"Era unha viaxe que fixeron catro amigas, e aínda que ía ser máis longo, os acontecementos precípitáronse e o Perú pechou fronteiras e non lles deu tempo a saír", di o pai de Sofía, unha das galegas atrapadas sen poder saír do Perú.

"Intentaron coller un voo a México, pero foi imposible", explica.

"Elas tiveron que saír do hostel no que estaban, e conseguiron alugar un apartamento e alí están medianamente ben, pero dá moito medo porque ven os tanques na rúa e iso alama moito", relata o pai desta moza viguesa.

"A embaixada está pechada, só falan con eles por teléfono e dinlles que teñen que esperar. E aínda que a ministra di que van volver todos, sentense abandonados", lamenta.

"Ademais, por ser españois tamén os miran mal, incluso os botaron dun apartamento que tiñan alugado e xa pagado, só por ser de España", explica este pai, que relata como ser europeo, e máis de España, nun país onde hai poucos casos é un problema.

Noticias web

19/03/2020