CRTVG

Buscar

Os feirantes queren recuperar a actividade, pero veno complicado por falta de festas

Publicado o 09/06/2020 10:05

Preocupación entre os feirantes, que sen festas non ven o momento de iniciar a súa propia desescalada. Aseguran que xa aplicaron as súas propias medidas Covid-19.

Nieves Seara, voceira dos feirantes, di que están a pasar unha situación moi difícil.

"Temos uns gastos a principios de ano (...). Contamos co noso traballo para poder subsistir", apunta Seara.

"As condicións de hixiene e limpeza témolas", di Nieves Seara. Queremos que os concellos, a Xunta e o Goberno nos teñan en conta", engade.

Esta época en calquera ano era sinónimo de festas, pero non neste 2020 onde se suspederon xa case que todo tipo de celebracións. Como consecuencia, o paro absoluto dos feirantes. Óscar xa tiña todo comprado para a temporada, cartos perdidos que xa non poderá recuperar. Recoñece que nunca o panorama foi tan preocupante.

Os feirantes levan meses concentrándose e reclamando solucións. Tamén se reunirán coa valedora do pobo. Din que moito máis non poderán aguantar, así e piden liñas de axudas específicas para o sector. Din ademais que están en condicións de abrir. De feito, editaron un vídeo onde explican como farían se lles deixan reanudar a actividade.

Hai máis de 30.000 familias afectadas en España. O sector está asustado, só agardan recuperar o sorriso e seguir ofrencendo ledicia a grandes e pequenos.

 

Noticias web

09/06/2020