CRTVG

Buscar

Preocupación entre os comerciantes de Ourense pola crecente presenza de manteiros no centro da cidade

Publicado o 05/08/2019 16:18

Preocupación entre os comerciantes de Ourense pola crecente presenza de manteiros no centro da cidade. Quéixanse da competencia desleal que supoñen para os locais que pagan os seus impostos e tamén da mala imaxe que transmiten.

O Paseo, é a principal rúa comercial de Ourense. A presenza policial esta mañá evitou a instalación de manteiros, pero esta imaxe, a rúa ocupada por vendedoras ambulantes, é, segundo os comerciantes, cada vez máis habitual. Intensifícanse, din, na campaña de Nadal e no verán.

Demandan máis presenza policial e a adopción de medidas para regular esta situación, semellante ás que se levaron a cabo en Barcelona. Xa trasmitiron as súas queixas tanto á Subdelegación do Goberno como ao Concello de Ourense.



 

Noticias web

05/08/2019