CRTVG

Buscar

Preocupación entre o veciños pola ocupación ilegal dunha casa no barrio de Belvís, en Santiago

Publicado o 16/01/2020 13:33

Leva meses ocupada de forma ilegal. Trátase dunha vivenda situada en Santiago, na rúa Belvís. Algúns veciños viron varias persoas entrar e saír do inmoble, a través das ventás. E aseguran que na zona hai un ambiente pouco desexable.

É unha das vivendas actualmente ocupadas de forma ilegal en Santiago. Segundo aseguran os veciños, hai máis de 40 anos que a casa, situada na rúa Belvís, está deshabitada. Pero dende hai varios meses conta cuns novos inquilinos, que acceden e saen do interior do inmoble polas ventás.

Unha veciña explica que os propietarios pecharon mellor a vivenda, e asegura que na zona hai un ambiente pouco desexable. 

Actualmente en Santiago hai, segundo as estimacións municipais, unha ducia de inmobles ocupados ilegalmente, que en moitas ocasións crean situacións de conflito coa propiedade. A lei indica que os desaloxos só poden ser autorizados por un xuíz, polo que moitas veces o proceso de recuperación das vivendas se dilata durante meses e incluso anos.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2020