CRTVG

Buscar

Preocupación en Viveiro polo peche da actividade non esencial

Publicado o 20/01/2021 14:43

Viveiro vive con preocupación e certa resignación o novo peche da actividade non esencial. Será a partir da medianoite e a hostalería será de novo a principal afectada. Os poucos bares que hoxe continúan abertos, só con servizo de terraza, terán que pechar as portas por cuarta vez.

Pechan tamén os ximnasios, cines ou centros culturais. Unha parada que vai afectar, segundo os comerciantes, toda a actividade económica da vila.

Este nivel extremo de restricións implica ademais a prohibición de xuntanzas entre persoas non conviventes. Os veciños agardan que todo pase canto antes.

Viveiro agarda rebaixar ese índice de case 1.700 casos por cada 100.000 habitantes e poder chegar á temporada turística con posibilidades de salvar o ano.

Noticias web

20/01/2021