CRTVG

Buscar

Preocupa o gromo nunha residencia de Gondomar, que suma 105 positivos

Publicado o 26/11/2020 15:03

Empezamos pola área sanitaria de Vigo onde preocupa o gromo rexistrado na residencia de maiores Vilar do Conde, en Gondomar. A semana pasada unha traballadora deu positivo e xa hai máis dun cento de contaxios no centro.

Concretamente, nesta residencia hai un total de 105 casos confirmados de coronavirus. 89 deles son usuarios e os restantes 16 son traballadores do centro.

Nas últimas horas un dos residentes infectados tivo que ser trasladado ao hospital Povisa de Vigo, onde permanece ingresado en estado crítico pero estable.

Dende a semana pasada aquí quedaron prohibidas as visitas, pero os familiares dos afectados reciben información de xeito puntual.

Noticias web

26/11/2020