CRTVG

Buscar

Prenden dous homes con máis de vinte detencións previas, supostos autores de roubos na Coruña

Publicado o 05/03/2020 14:14

Na Coruña, a Policía Nacional prendeu dous homes, de 43 e 37 anos, que acumulaban máis de vinte detencións. Son os que hai varias semanas supostamente atracaron unha cafetería, no centro da Coruña.

Pero realmente conseguiron detelos grazas a unha chamada ao 091 que alertaba de que dous individuos estaban a manipular máquinas expendedoras. Dunha delas xa lograran extraer o caixón dos cartos e cando intentaban forzar outra, chegaron dúas dotacións policiais e pilláronos na allada. Un foi arrestado ao momento. O outro, intentou fuxir, sen éxito.

Entre os efectos incautados localizáronse ferramentas usadas polos ladróns, como un alicate extensibles, unha cizalla, un martelo e dous desaparafusadores.


 

Noticias web

05/03/2020