CRTVG

Buscar

Premios ao desenvolvemento sustentable na costa

Publicado o 25/10/2019 21:13

E hai apenas uns minutos a consellería de Pesca entregou na Cidade da Cultura os premios Economía Azul. Uns galardóns que recoñecen os mellores proxectos de desenvolvemento sustentable dos grupos de acción local pesqueira de Galicia. Nesta segunda edición resultaron gañadores o proxecto Do Mar á Mesa, de Cedeira. O albergue Estela do Mar, de Baiona. As obras de restauración do Dique da Cabana, a planta de produción de aceite de microalgas da Costa da Morte. E a produción de mallas protectoras biodegradables para o cultivo de mexillón, da ría de Arousa.



 

Noticias web

25/10/2019