CRTVG

Buscar

Premio pola recuperación material e inmaterial a aldea de Puxedo

Publicado o 12/11/2020 21:29

Hai xa dez anos que os veciños de Puxedo decidiron pór en valor a súa aldea. Comezaron por arranxar o retablo da capela, seguiron despois as fontes, as prazas, as rúas..., organizaron un ciclo do pan e unha chea de actividades. Agora acaban de recibir o premio Agader, dez mil euros que aseguran, van investir en seguir mellorando a súa aldea.

En Puxedo levan unha década dándolle a volta a súa aldea. Recuperaron muíños, fornos, as eiras, os hórreos, as fontes, rehabilitaron vivendas, as rúas. Teñen un museo etnográfico, volven celebrar o ciclo do pan e moitas das paredes acollen murais cheas de cores. O certo é que pouco se parece Puxedo a maioría das aldeas. E todo grazas a iniciativa e o traballo dos seus veciños.

Tanto esforzo ven de ser recompensado cun dos oito premios Agader que concederon este ano.

Insisten en que non se trata dunha simple rehabilitación estética, queren que a súa aldea volvar estar chea de vida.

Os dez mil euros do premio servirán para por en marcha o seu vindeiro proxecto: un ecomuseo o aire libre no que os propios veciños servirán de guías os visitantes.

Noticias web

12/11/2020