CRTVG

Buscar

Precampaña en Galicia: os partidos definen as súas batallas electorais

Publicado o 30/10/2019 21:14

Galicia entrou de cheo en precampaña electoral. Todos os partidos comezan a definir as súas particulares batallas. O BNG dará a batalla pola transferencia da AP-9. Se conseguen representación no Congreso comprométense a demandar tamén a eliminación das peaxes

A voceira nacional, Ana Pontón, cualificounas de "estafa legalizada".

Tamén Ciudadanos afronta as eleccións co obxectivo de acadar unha deputada en Ourense. Nas anteriores quedou as portas. Din que a provincia ben o merece polo abandono ao que está sometida.

"Sempre vimos cómo outros partidos non facían nada pola provincia. Isto vai cambiar", asegurou o secretario de organización, Laureano Bermejo, na presentación das candidatas ao Congreso e ao Senado.

Goberno de esquerdas cun programa de esquerdas é a proposta de Galicia en Común. Piden que se concentre en torno a ela o voto da esquerda para evitar, din, o xiro á dereita nas políticas de Pedro Sanchez. No caso das pensións, por exemplo.Yolanda Díaz asegura que con Pedro Sánchez as pensións públicas non están aseguradas.

O PP, pola sua parte, espera mobilizar o electorado indeciso para recuperar os votos perdidos nas anteriores eleccións. Contarán con Pablo Casado o único sábado de campaña e agardan mudar o escenario político para evitar o desprezo que, segundo eles, mostrou o goberno de Sanchez por Galicia.

"Non lle pode sair gratis nin a nova convocatoria electoral nin o desprezo a política industrial e ao emprego de Galicia", asegura o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado.

Os socialistas galegos contraatacan. Poñen o foco nas deficiencias da sanidade galega.O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero visitou o hospital de Burela para escoitar as demandas concretas dos profesionais sanitarios, e denunciar, o deterioro xeral, di, despois de 11 anos co PP na Xunta.

"Os recortes, a privatización e a precarización destes anos", precisou Caballero, "implicaron un deterioro das posibilidades de mellores servizos sanitarios no conxunto do territorio galego".

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

30/10/2019