CRTVG

Buscar

PP e Vox confían en sumar a Ciudadanos aos pactos

Publicado o 04/06/2019 21:08

Primeira reunión entre o PP e Vox na busca de posibles pactos electorais. Tras dúas horas de reunión no Congreso acordaron seguir avanzando para formar gobernos onde as dúas forzas sexan suficientes.

Ante o veto de Ciudadanos de non entrar en executivos con Vox, os de Abascal din que non apoiaran ningún goberno en que os exclúan. Pero tanto o Partido Popular como Vox confían en que finalmente se logrará un pacto a tres para desaloxar as esquerdas en moitos concellos e comunidades.

Noticias web

04/06/2019