PP e Ciudadanos piden a dimisión de Illa
Publicado o 07/01/2021 14:48
PP e Ciudadanos piden a renuncia inmediata de Salvador Illa como ministro de Sanidade, unha vez confirmada a súa candidatura á presidencia da Generalitat.
Para Pablo Casado, "non pode seguir nin un día máis á fronte desta pandemia". O líder do PP cre que o ministro de Sanidade "tería que estar traballando 24 horas ao día e non dando conferencias de prensa dende o sitio en que lle vén ben facer un mitin e librando as fins de semana para montar no coche oficial e ir a actos de partidos, porque isto é algo que non entende ninguén".
Pola súa parte, a presidenta de Ciudadanos, Inés Arrimadas, cualificou a Illa como "ministro a tempo parcial, que está máis pendente de salvar votos do PSC en Cataluña que de salvar vidas en toda España".