Povisa dálle a alta ao último paciente con coronavirus
Publicado o 15/06/2020 15:15

O hospital Povisa deulle a alta ao seu último paciente coa Covid-19 e a área viguesa conta con só dous pacientes ingresados. O centro está libre xa de coronavirus, pero segue preparado ante a posibilidade de que se produzan novos ingresos.
Deste xeito, o Álvaro Cunqueiro é o único hospital de Vigo que ten pacientes coa Covid. Os dous afectados están en planta, e polo tanto as UCI seguen dende 3 de xuño libres do virus. Outros 138 pacientes activos atópanse no seu domicilio.
Ata o de agora, curaron na área sanitaria viguesa 2.030 persoas.
Máis sobre Vigo
05/03/2021 21:18
04/03/2021 16:59