CRTVG

Buscar

Portugal supera o seu récord de positivos, con 2.101 infectados nun día

Publicado o 16/10/2020 15:08

Os galegos do sur están atentos ao incremento dos casos en Portugal, porque o país segue con récord de contaxios e no norte teñen catro veces máis casos activos que no sur galego.

Nas últimas 24 horas, cifra récord, 2.101 infectados por coronavirus e por primeira vez os positivos da raia, da fronteira, son peores no lado portugués que no galego.

Aínda así insisten dende o Goberno luso que o peche de fronteiras non é unha posibilidade.

Os falecementos en Portugal aínda non alcanzan niveis do confinamento, e iso tranquiliza, entre aspas, o executivo portugués, que continúa co seu plan de ir sumando restricións a medida que soben os contaxios, e por iso activaron o estado de calamidade.

Unha nomenclatura que asusta por iso de calamidade, pero hai que lembrar que non é un estado de excepción como o é o estado de alarma español.

Trátase dun nivel de alerta de protección dos cidadáns, aínda que supón novas restricións que se aplican dende onte. Maior vixilancia dos axentes de seguridade, aumento de multas e non pode haber xuntanzas de máis de 5 persoas.

Noticias web

16/10/2020